CRTVG

Buscar

A participación sobe lixeiramente en Galicia respecto a 2016, cun descenso en Lugo e Ourense

Publicado o 12/07/2020 17:35

• Aínda faltaría por contabilizar o voto por correo 

• Sigue aquí o minuto a minuto desta xornada electoral  

 

A participación sobe lixeiramente en Galicia respecto a 2016, cun descenso en Lugo e Ourense

Un 43 por cento dos electores con dereito a voto depositaron xa a súa papeleta nas mesas instaladas en Galicia ata as cinco da tarde. A repunta é do 0,5 por cento respecto a 2016, cando a participación se situou no 42,5 por cento.

Por provincias, o avance reflicte unha baixada do 1,86 por cento en Ourense, do 0,9 puntos en Lugo e sobe na Coruña un 0,78 por cento. O maior incremento aparece nas cifras de Pontevedra, cun 1,33 por cento máis de electores que depositaron o voto.

En Burela, epicentro do brote de coronavirus, votaron ata as cinco da tarde un 39,02 por cento, unha porcentaxe superior á de 2016, que era do 38,96 por cento.

Nas horas centrais do día estancouse a asistencia aos colexios electorais galegos, nunha xornada de intensa calor na comunidade.