CRTVG

Buscar

A participación nos cribados da Coruña sobe ao 60% cos tests de saliva

Publicado o 18/03/2021 21:00
A participación nos cribados da Coruña sobe ao 60% cos tests de saliva

Mellora un pouco a participación no macrocribado que pretende testar a 153.000 coruñeses, case a metade da poboación. Nas primeiras xornadas apenas acudiu a metade dos convocados. Agora a porcentaxe dos que entregan a súa mostra de saliva subiu ao 60%. Os responsables do cribado reiteran os chamamentos a participar para detectar o maior número posible de asintomáticos e frear a transmisión do virus na Coruña, a cidade con maior incidencia da covid.


 

Noticias web

18/03/2021