CRTVG

Buscar

A pandemia reactiva a saída ao mercado inmobiliario dos pazos galegos

Publicado o 08/04/2021 21:16

Son algunhas casas grandes e pazos que hoxe están á venda no Conxunto Histórico Artístico de Pazos de Arenteiro.

Hai oferta e tamén demanda, os principais atrancos son os elevados prezos, o burocráticos e, en moitos casos, o investimento necesario para unha reforma. Con todo, constátase un interese crecente polo rural.

Neste pazo ou Casa de Arriba que hoxe está a venda rodouse a película Elisa e Marcela, de Isabel Coixet. E noutro tempo tiveron que derrubar unha das súas catro chemineas.

Moitos destes pazos e casas grandes herdanzas da antiga nobreza e fidalguía galega reconvertéronse en casas de turismo rural. Agora o 25 % dos 900 pazos catalogados en Galica compiten no mercado inmobiliaro impulsados pola pandemia e súa singularidade.

Noticias web

08/04/2021