A pandemia provoca en Galicia unha caída do 41% de viaxeirios do bus urbano
Publicado o 11/02/2021 17:30

A pandemia provoca en Galicia unha caída do 41% de viaxeirios do bus urbano. Son datos do 2020 publicados hoxe polo INE. Galicia comezou o ano con máis de 5 millóns de viaxeiros pero o confinamento provocou unha caída drástica : só medio millón de persoas en abril. Con todo, este afundimento é menor ca no resto de comunidades autónomas, cunha caída do 44,8% de media.