CRTVG

Buscar

A pandemia polo coronavirus fai que aumente a compra de aldeas

Publicado o 28/03/2021 21:16

Hai cinco anos que esta casa está deshabitada. Conta con terreo arredor, varios pendellos, capela e cruceiro. Está en venda e coma ela hai varios núcleos que se ofertan en busca dunha segunda oportunidade.

Empresas estranxeiras invisten nelas, tamén traballadores que poden desenvolver a súa tarefa a distancia e mesmo familias.

Facerse cunha aldea abandonada precisa dispor dun capital, pero tamén dun proxecto de vida.

A pandemia fixo que moitos persoas busquen un cambio de aires. Valórase especialmente que as aldeas estean ben comunicadas.

As da costa son máis apreciadas e no prezo tamén inflúe o estado de conservación. A aldea máis barata véndese por 84.000 euros.

Noticias web

28/03/2021