CRTVG

Buscar

A pandemia multiplicou o uso de Internet e para os mozos é algo imprescindible

Publicado o 17/05/2021 19:50

Se antes da pandemia o teletraballo supoñía o 16 % da actividade laboral en España, agora xa está no 30 %. É un exemplo de como Internet adquiriu máis importancia dende a chegada do coronavirus.

O gran cambio deuse nas relacións persoais e familiares, que tiveron que realizarse a través das redes sociais ou das videochamadas. Dende marzo de 2019, o 83 % dos españois conectouse a Internet polo menos unha vez no día. Tamén no comercio electrónico se notou esta tendencia, cunha facturación de 12 millóns de euros no segundo semestre de 2020. A xente nova é a que máis usa a rede e vena como algo xa imprescindible.

Dúas de cada dez persoas cren que a educación será exclusivamente on line en España nun prazo de cinco anos. 26 millóns de persoas utilizan diariamente as redes sociais e a media diaria de consumo de ocio a través da Internet é de 170 minutos por persoa. Sen dúbida, o avance dixital foi favorecido pola pandemia.

Noticias web

17/05/2021