CRTVG

Buscar

A pandemia impulsa as autorrecepcións nos hoteis

Publicado o 25/05/2021 21:02

É un sistema polo que algúns hoteis optaron na pandemia, pero que veu para quedar.

O cliente accede ao hotel cun código que recibe no teléfono móbil e no interior fai as xestións nun videoporteiro.

Pero o sistema tamén permite o acceso a clientes sen reserva previa.

Este é un sistema que xa funciona en casas e apartamentos que ofrecen estadías e que agora comeza a implantarse nalgúns hoteis que apostan por unha recepción máis descentralizada. Efectiva, pero que renuncia á calor humana.

Noticias web

25/05/2021