CRTVG

Buscar

A pandemia empeza o ano cunha cifra récord de case 14.000 mortes nun día

Publicado o 01/01/2021 17:27
A pandemia empeza o ano cunha cifra récord de case 14.000 mortes nun día

A Organización Mundial da Saúde (OMS) notificou hoxe 13.997 mortes nas últimas 24 horas,cifra maior nun ano de pandemia de covid-19, polo que o total de falecementos desde o comezo da crise sanitaria ascende a 1,8 millóns.

Os casos de covid-19 rozan os 82 millóns, 693.000 deles rexistrados na última xornada, un ascenso con respecto a días anteriores pero que aínda non alcanza cífraa récord do 20 de decembro (841.000 contaxios nun día).

América, que notificou 6.300 mortes no último día de 2020, suma 858.000 decesos, mentres que Europa rexistrou 5.900 falecementos e suma 582.000 desde o inicio da pandemia.

Os Estados Unidos continúa sendo o país con maior número de falecidos (335.000), seguido do Brasil (193.000), A India (148.000) e México (124.000). Séguenlles catro países europeos: Italia (74.000 mortes), Reino Unido (73.000), Francia (64.000) e Rusia (57.000).

Os pacientes recuperados no planeta ascenden a 59 millóns, mentres que dos 22 millóns de casos activos un 0,5 por cento (106.000) atópanse en estado grave ou crítico. 

Os Estados Unidos superan os 20 millóns de contaxios de covid-19

Os Estados Unidos superaron este venres os 20 millóns de casos confirmados do coronavirus SARS- CoV-2, o 24 % do total de contaxiados no mundo, segundo o reconto independente da Universidade Johns Hopkins. A metade deses contaxios rexistráronse desde o día 9 de novembro, unha proba do rebrote drástico que vive o país máis afectado do mundo pola pandemia en termos absolutos, que acabou o ano con récords de mortes e hospitalizacións pola covid-19.

 

Noticias web

01/01/2021