CRTVG

Buscar

Moitas asociacións traballaron durante a pandemia en Galicia con persoas sen fogar

Publicado o 25/10/2020 15:47

En España hai arredor de corenta mil persoas sen fogar, unhas dúas mil en Galicia. Xente que este ano tivo que engadirlle ao seu día a día, xa complicado, as dificultades que trae consigo a pandemia. Non teñen onde confinarse, nin lles resulta sinxelo cumprir coas medidas sanitarias. Distintas organizacións intensifican o seu traballo nos últimos meses para darlles o apoio que precisan.

Miguel cóntanos a que foi a súa historia durante ano e medio, el conseguiu refacerse, atopar un traballo e saír adiante, pero segue a ser a historia de case dúas mil persoas en Galicia. Xente sen fogar, sen recursos, sen perspectivas que viron como nos últimos meses a súa situación non facía máis que empeorar coa chegada da pandemia.

Dende asociacións como Cáritas aseguran que cada vez son máis os casos de xente que mesmo cun traballo non son quen de chegar a fin de mes. E lembran que a situación preocupa sobre todo coa chegada do inverno. Conta Miguel que o tmepo que non tivo un fogar atopou vivindo na rúa moita máis xente da que imaxinaba. Son arredor de corenta mil persoas en toda España.

Noticias web

25/10/2020