CRTVG

Buscar

A pandemia deixa 2.289 mortes en Galicia tras sumar cinco nas últimas 48 horas

Publicado o 11/03/2021 20:35
A pandemia deixa 2.289 mortes en Galicia tras sumar cinco nas últimas 48 horas

Sanidade notificou o falecemento de cinco persoas que foran diagnosticadas de coronavirus. Con estes datos, a cifra total elévase a 2.289 mortes dende o comezo da pandemia en Galicia.

• Onte perderon a vida unha muller de 77 anos no CHUF e outra muller de 88 anos no CHUVI.

• Nas últimas 24 horas notificouse o falecemento dun home de 87 anos no CHUF, un varón de 79 anos no CHUAC e un home de 86 anos no CHUVI.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas.