A pandemia copa as mensaxes dos presidentes autonómicos
Resumíao mellor que ninguén o presidente asturiano.
Para Adrián Barbón "2020 foi tan desolador que estas palabras poderían reducirse a un minuto de silencio".
Poucos anos as mensaxes do día 31 contiveron tantos pésames e tanta prudencia
O lendakari Íñigo Urkullu advertía que "adoptamos decisións excepcionais e ímolo ter que seguir facendo".
Algúns puxeron máis autocrítica, como Javier Lambán, presidente de Aragón: "disculpas ao persoal dos hospitais por non ser quen de proporcionarlles ao principio toda a protección que necesitaban".
Outros, mensaxes de fondo a algúns colegas. Emiliano García-Page, presidente de Castela - A Mancha, dirixíase "a aqueles que buscan o illamento, que xogan á separación, que negan o sentimento colectivo, o sentimento común, que lembren a experiencia deste ano".
O valenciano Ximo Puig fia nos fondos europeos a saída da crise: "a prioridade nestes meses tan difíciles que temos por diante é salvar empregos, vidas e familias".
Con distintos matices, todos incluiron o seu chisco de optimismo.
Alfonso Fernández Mañueco, presidente de Castela e León, está convencido de que "2021 será o ano que nos levantemos, miremos atrás, e collamos impulso para lograr todos os retos que temos por diante".
Aínda que ninguén tan metafórico como a presidenta rioxana, Concha Andreu: "o traballo honesto, a constancia e a pasión por esta terra poden convertir un ano duro na viña nun viño excelente",
Mensaxes todas para pechar un ano sen nada que celebrar.