CRTVG

Buscar

A pandemia continúa á alza na cidade de Vigo e xa ten a incidencia máis alta de toda Galicia

Publicado o 05/08/2021 15:21

A área sanitaria de Vigo logra conter a explosión dos contaxios dos últimos días e experimenta un lixeiro descenso. Con todo este xoves suma 223 novos casos polo que aglutina unha gran parte dos contaxios da comunidade con 4.623 pacientes coa infección activa.

Das sete grandes cidades galegas a de Vigo é a que ten o maior número de casos activos con 2.462.

Polo de agóra datos fan difícil a posibilidadede dunha relaxación das medidas na terceira semana de agosto en Vigo. A cidade volve encabezar a clasificación no que se refire a incidencia cunha taxa de 830 casos por cada cen mil habitantes.

Nos hospitais da área hai 53 persoas ingresadas e sete nas unidades de coidados intensivos.

Noticias web

05/08/2021