CRTVG

Buscar

A pandemia causou máis de 70.000 mortes en España

Publicado o 03/03/2021 18:27

A pandemia de covid-19 causou 70.247 mortes, segundo o Ministerio de Sanidade, que notificou este mércores unha nova baixada da incidencia acumulada en 14 días de case nove puntos ata os 159,5 casos por cada 100.000 habitantes, así como un lixeiro descenso de sete décimas na ocupación das UCI.

As comunidades comunicaron a Sanidade 446 falecementos máis nas últimas 24 horas e 722 na última semana, o que supón un descenso respecto aos 873 decesos reportados o pasado mércores para o mesmo período.

Nos hospitais hai ingresados 10.788 enfermos de covid (458 menos que onte), o que supón unha ocupación do 26,2 por cento. Desde o inicio da pandemia confirmáronse 3.136.321 positivos, dos que 3.021 foron diagnosticados este martes.