CRTVG

Buscar

A pandemia axudou a moitos a apostar pola mobilidade sostible na bicicleta

Publicado o 03/06/2021 21:40

"O que precisamos son carris para bicis, sen problemas, sen ir entre coches, aparcadoiros tamén son necesarios e insuficientes e deberían estar espallados pola cidade porque hai que buscar a intermobilidade". Isto é o que opina Tamara Novoa, voveira de Vigo Ciclábel 17.

Quedan cousas por facer, pero a situación vai mudando nunha sociedade máis consciente de que é necesario cambiar por un modelo de mobilidade que aposte por un transporte ecolóxico e beneficioso para a saúde. Os usuarios mostran o seu gusto por ela.

"O primeiro que fixen ao chegar e compar unha bici porque te da liberdade de horarios", "non contamina, é máis cómoda", "para min é o meu transporte, gústame".

Gustou a moitos durante a pandemia que deixou escenas nunca vistas. Tamara Novoa lembra algunha delas: "Vimos como moitos comezaron a empregar as bicis, en rúas pechadas, escenas excepcionais que oxalá queden despois da pandemia".

Concienciar da importancia desta aposta sostible e comprometida coas vindeiras xeracións é o obxectivo do Día Mundial da Bicicleta.

Noticias web

03/06/2021