CRTVG

Buscar

A pandemia afectou negativamente ao 70% dos enfermos de Parkinson

Publicado o 09/04/2021 20:21

A falta de actividade física e a cancelación da vida social pasan factura os enfermos de parkinson, unha doenza cuxo primeiro síntoma no 40% do casos é a depresión.

Segundo a Sociedade Española de Neuroloxía, o 70% dos pacientes falan do impacto negativo da pandemia e o 66% di que os seus problemas se agravaron.

A ciencia aporta razóns para a esperanza, como a técnica de ultrasons que estreou o Complexo Hospitalario de Santiago e que consegue reducir nun 80% os tremores da enfermidade sen entrar nun quirófano.

Noticias web

09/04/2021