CRTVG

Buscar

A Pablo Costas, o capitán do barco retido no Iemen, leváronlle de comer oito días despois

Publicado o 27/08/2021 14:06

Novidades no caso de Pablo Costas, o patrón de Bueu retido no Iemen por pesca ilegal. Debido á presión que se fixo nos últimos días, leváronlles a bordo víveres e tamén os visitou un médico e un axudante para atender un dos 32 tripulantes que está grave e aproveitaron para facer consultas e pedir medicamentos outros seis. O capitán di que seguen sen documentos, sen poder saír do porto e temendo polas súas vidas.

Pablo Costas dixo que "despois dunha tortura de oito días sen auga e sen comida, agora que nos dean un pouco e que nos fagan algún tipo de chantaxe. Nós non imos colaborar en ningunha estratexia criminal que levamos padecendo once meses. Queremos que nos liberen inmediatamente, porque isto é un secuestro. Estamos fartos de escusas, de trapalladas, de trampas e ilegalidades".

 

Noticias web

27/08/2021

Máis sobre Bueu