CRTVG

Buscar

A ourensá Raquel Carrera resultou decisiva no primeiro título europeo do Valencia

Publicado o 12/04/2021 15:51

Unha protagonistas da fin de semana foi ourensá Raquel Carrera. Resultou decisiva no primeiro título europeo do Valencia. No último segundo, perdendo por un punto, ao seu equipo fanlle esta falta.
O Valencia medíase ao Venecia en Hungría.

Co tempo esgotado, Raquel Carrera tivo a responsabilidade de darlle a volta ao marcador. Dous tiros libres e a presión dun título continental, o segundo de máis importancia.

E Raquel Carrera non fallou. Leva anos, desde a etapa de formación no Celta, mostrando o seu talento e mantendo unha progresión que seguramente acabará coa súa presenza nos Xogos Olímpicos deste ano. Raquel Carrera, co seu acerto, deulle o título ao Valencia. En total asinou trece puntos.

Noticias web

12/04/2021