CRTVG

Buscar

A oposición venezolana denuncia a detención do xefe de gabinete de Guaidó

Publicado o 21/03/2019 20:11

Estas son as imaxes que difundiu a oposición venezolana do momento en que os axentes do servizo de intelixencia do Goberno de Maduro entran na casa de Roberto Marrero, a man dereita de Juan Guaidó. Polo que contan as testemuñas, levárono preso, e, polo momento, non se sabe nada do seu paradoiro. 

Sergio Vergara, deputado da Asamblea Nacional de Venezuela: "Marrero ía esposado e díxome que lle meteran na casa dous fusís e unha granada. É unha persecución, como fan con centos e centos de venezolanos".

Guaidó interpreta a detención como unha ameaza directa cara el. Juan Guaidó, presidente da Asemblea Nacional de Venezuela, "cal é a mensaxe, que van por min?, pois veña!".

A detención prodúcese despois de facerse público un informe da ONU que acusa o Goberno de Maduro de asasinatos e torturas. Nel Michelle Bachelet denuncia que se utiliza a violencia de maneira habitual como método de represión contra opositores e disidentes.

Noticias web

21/03/2019