CRTVG

Buscar

A oposición reclama que a alcaldesa de Boimorto dea explicacións por vacinarse

Publicado o 02/02/2021 18:16
A oposición reclama que a alcaldesa de Boimorto dea explicacións por vacinarse

A corporación local de Boimorto celebrou o primeiro pleno despois de que a súa alcaldesa se dera de baixa do Partido Popular.

María Xesús Novo evitou así o expediente disciplinario que lle abrira o PP galego tras a polémica pola súa vacinación na residencia municipal o 28 de decembro. Con todo, permanece no cargo de rexedora de Boimorto, onde goberna con maioría absoluta.

BNG e PSdeG solicitaron un pleno extraordinario para que a alcaldesa dea explicacións pola súa vacinación.

Noticias web

02/02/2021