A oposición reclama máis medios para previr e loitar contra os incendios
Dende o Partido Popular din que agora hai máis medios xudiciais e administrativos para localizar e sancionar os incendiarios. Os grupos da oposición engaden que seguen faltando políticas efectivas de prevención por parte da Xunta.
Gonzalo Caballero, voceiro do PSdeG, sinala que é preciso vertebrar Galicia poñendo o foco en "coidar o territorio interior, por coidar o noso patrimonio natural".
A líder da oposición, a voceira do BNG, apunta que o seu partido xa viña advertindo que "faltaban medidas de prevención", polo que piden explicacións sobre "como é posible que ano tras ano ardan os mesmos concellos".
O voceiro do PPdeG argumenta que os novos medios e as tecnoloxías "están máis activados" e que hai máis "capacidade de atopar os responsables e de facerlles pagar, non só co Código Penal, senón tamén dende un punto de vista patrimonial".