Rexeitan a petición do BNG para que Feijóo compareza nun pleno extraordinario
Publicado o 14/01/2021 16:19

No Parlamento, os grupos da oposición pediron un pleno extraordinario para debater sobre a pandemia. Fixérono na Deputación Permanente.
A solicitude do BNG foi secundada polos socialistas. Ambos grupos cren necesaria a comparecencia urxente do presidente da Xunta ante a repunta dos casos.
O Grupo Popular non apoiou esta petición porque recordou que mañá mesmo, no primeiro día de actividade do Parlamento, o Goberno xa dará contas sobre a xestión da pandemia. Lamentou tamén que a primeira asinante desta petición, a nacionalista Ana Pontón, nin sequera estivese presente.