CRTVG

Buscar

A oposición críticalle ao Goberno os apoios de ERC e de Bildu aos presupostos

Publicado o 01/12/2020 21:36

Os presupostos acapararon  boa parte da sesión de control ao Goberno no Senado.  A oposición acusou ao Executivo de achegar presos da ETA a Euskadi e de modificar a fiscalidade de Madrid para pagarlle a Bildu e máis de Esquerra o seu respaldo aos orzamentos. As críticas tamén lle chegaron ao Goberno pola política  migratoria.

"Eu só vexo dúas opcións dispoñibles, que se converta no máximo exponente do que significa a hipocresía ou a incoherencia en política e se manteña no Goberno ainda facendo o que dixo que nunca faría. A segunda opción é que se vaia do Goberno por ser leal consigo e con iso faga o seu mellor servizo a España", di Sofía Acedo do Partido Popular.

"En materia de política migratoria teñen poucas leccións que dar. Vostedes apostaron polas devolucións 'en quente', coas que eu non estou de acordo. Vostedes cometeron a infamia de ngar a tarxeta sanitaria e servizos sanitarios universais", responde Pablo Iglesias, vicepresidente segundo do Goberno.

"O Goberno máis radical da democracia co partido máis republicano e independentista de Cataluña pactaron e puxéronse de acordo para 'cepillarse' o modelo fiscal da Comunidade de Madrid. Cal é o perverso obxectivo que ten o señor Sánchez, señora vicepresidenta? roubarlle á Comunidade de Madrid o lexítimo dereito que ten para baixarlle os impostos aos madrileños", afirma Ana Camíns, senadora do Partido Popular.
"Desde o principio votamos a favor do Título VIII cando vostedes con Manuel Fraga, un ministro que sentaba na ditadura de Franco, púxose de perfil coas autonomías que agora reivindican", retruca Carmen Calvo, vicepresidenta primeira do Goberno.
"O señor Sánchez é presidente grazas á abstención de Bildu e agora resulta que vostedes pactan os presupostos con Otegi. Non cremos que isto saia de balde. Leva acheagos ao País Vasco 98 presos da banda asasina da ETA", asegura Lorena Roldán, senadora de Ciudadanos.
"O Goberno do Partido Socialista e Unidas Podemos non paga ningunha peaxe para a aprobación dos presupostos. Parece ou queren esquecer que a ETA está derrotada polo Estado de Dereito. Sináleme, si, sináleme como me sinalaron eles, porque eu fun obxectivo da ETA", responde Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior.

Noticias web

01/12/2020