A posibilidade de permitir reunións de ata 15 persoas bate co protocolo do Goberno
A Xuntar podería ampliar a 15 as xuntanzas no exterior tras reunir este martes o comité clíncio. Pero haberá que agardar ao ditame da asesoría xurídica da Xunta para saber se é de obrigado cumprimento o informe do Ministerio que indica que o número máximo de persoas por mesa mesmo nas terrazas debe ser de 10.
Os expertos do comité clínico galego avogan porque sexan as comunidades as que continúen tomando decisións e que estas se revisen periodicamente.
Marina Varela, xefa de servizo de Anestesioloxía do CHOP e membro do comité clínico, di que "hai que ir axustando en cada comunidade como se fixo ata agora en toda a pandemia. Galicia é unha comunidade que traballou ben".
O protocolo do Ministerio quere que o ocio nocturno peche ás 3 da mañá. Galicia tampouco está de acordo con isto. A Xunta lamenta que o Goberno deixara soas as comunidades no peor da pandemia e agora queira impoñer decisións.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, di que "non ten sentido que se poñan unhas normas e se diga que ata que chegemos ata o 70 % de inmunización, cando o propio presidente do Goberno di que será a finais do verán, que teñamos todo un verán con restriccións fixas que non se poidan modificar".
A opinión da asesoría xurídica da Xunta sobre o protocolo de desescalada do Goberno coñecerase nas vindeiras horas.