CRTVG

Buscar

A operación saída de xullo cadra cos combustibles un 20 % máis caros

Publicado o 02/07/2021 13:32

Dos case 9 millóns de desprazamentos que se esperan durante os meses de xullo e agosto nas estradas galegos , 400.000 produciranse esta fin de semana, primeira de vacacións para moitos.

Para que todo transcorra con normalidade a Dirección Xeral de Tráfico intensificará a vixilancia. De sancionar os que non cumpran as normas encagaranse 600 axentes nun dispositivo que conta ademais cun helicóptero e 1 dron , 270 radares e máis de 300 cámaras.

A DXT levará a cabo 120.000 controis de alcol e 670.000 de velocidade.A operación saída que comezou ás 3 desta tarde e se estenderá ata a medioanoite do domingo virá marcada polo mal tempo e tamén polo prezo dos carburarantes. Encher o deposito hoxe é un 20% máis caro que a principios de ano.

Encher o depósito é, no inicio das vacacións de verán, case un 20 % máis caro que a principios de ano. Dez euros máis, de media, de gasolina e nove de gasoil.

Operación saída tamén nos aeroportos galegos. Ata este domingo as terminais galegas moverán máis de trescentos voos. O aeroporto de Santiago ten programadas 207 operacións, 34 delas voos internacionais, ás que hai que que sumar os 69 voos do aeroporto da Coruña e os 59 de Vigo. Son cifras que aínda están por debaixo das habituais nos anos previos á pandemia, pero que reflicten a recuperación do sector.

Noticias web

02/07/2021