A ONU pide moderación aos EUA e Irán para rebaixar a tensión no golfo Pérsico
Publicado o 25/06/2019 08:31
O Consello de Seguridade das Nacións Unidas pediulles contención e diálogo aos Estados Unidos e Irán, que seguen responsabilizándose mutuamente do aumento da tensión no golfo Pérsico.
Paralelamente, os embaixadores permanentes de ambos os dous países esforzábanse en convencer o resto de membros da ONU de que a outra parte tiña a culpa.
O chamamento do Consello de Seguridade prodúcese despois de que o presidente Trump anunciara duras sancións económicas ao líder supremo de Irán, Ali Jamenei, ao tempo que deixaba a porta aberta ao diálogo.