CRTVG

Buscar

Guterres advirte de que a vacinación é "inxusta" e esquece os máis pobres

Publicado o 02/07/2021 15:00

O secretario xeral da ONU, que está de visita oficial en España, cualifica a campaña de vacinación de "profundamente inxusta" a nivel global. António Guterres recordou hoxe que, mentres en Europa hai 67 doses por cada 100 habitantes, en África hai unha. Por iso, insta os países desenvolvidos a dobrar a súa produción.

O líder das Nacións Unidas alertou que "coas mutuacións que están ocorrendo hai o risco de que unha desas mutacións transforme as nosas vacinas nalgo ineficaz, e aí, o gran norte e o gran sur estarán nunha situación desastrosa".

Noticias web

02/07/2021