CRTVG

Buscar

A OMS ve "extremadamente improbable" que a covid-19 xurdira nun laboratorio

Publicado o 30/03/2021 18:33
A OMS ve "extremadamente improbable" que a covid-19 xurdira nun laboratorio

Os científicos enviados pola OMS á China non poden confirmar que a pandemia se orixinara no mercado de Wuhan. Traballaron con catro hipóteses e conclúen que a máis probable é que o virus chegara aos humanos procedente dun morcego ou un pangolín, pero non directamente senón a través dun animal intermedio.

Pola contra, a máis improbable de todas é a de que se escapou accidentalmente dun laboratorio. Hai que seguir estudando, di o director xeral da Organización Mundial da Saúde, porque o certo é que o lugar de orixe do virus segue sendo un misterio


 

Noticias web

30/03/2021