CRTVG

Buscar

A OMS inicia un estudo para analizar a covid persistente

Publicado o 12/08/2021 18:32
A OMS inicia un estudo para analizar a covid persistente
EUROPA PRESS

Un grupo internacional de expertos desenvolveu un programa de investigación, xunto coa Organización Mundial da Saúde (OMS), o Consorcio Internacional de Infeccións Respiratorias Agudas Severas e Emerxentes (ISARIC) e asociacións de pacientes, para iniciar unha nova investigación sobre a covid-19 persistente.   

Unha parte importante das persoas diagnosticadas de coronavirus experimentan posteriormente síntomas duradeiros, como fatiga, dispnea e complicacións neurolóxicas, meses despois da infección aguda. Con todo, as probas desta enfermidade son limitadas e baséanse en pequenas cohortes de pacientes cun seguimento a curto prazo. 

Así, os responsables desta nova investigación consideran que "existe unha necesidade urxente de desenvolver un conxunto de resultados básicos para optimizar e estandarizar a recompilación de datos clínicos e a presentación de informes nos estudos (especialmente nos ensaios clínicos) e na práctica clínica desta enfermidade".   

Este proxecto empezará por facer enquisas ás persoas que viven coa covid-19 persistente, avaliar que resultados son importantes e construír un plan en dúas fases. A primeira fase centrarase en que resultados deben medirse e a segunda en como medilos.   

O obxectivo dos investigadores é completar a primeira fase (que resultados medir) no verán de 2021 e a segunda fase (como medir estes resultados) en 2022.

Noticias web

12/08/2021