CRTVG

Buscar

A OMS di que os datos de mortalidade poden ser enganosos e que non deben facerse comparacións entre países

Publicado o 06/08/2020 22:26
A OMS di que os datos de mortalidade poden ser enganosos e que non deben facerse comparacións entre países

A Organización Mundial da Saúde alerta de que os datos de mortalidade pola Covid-19 poden ser enganosos e que non se deben facer comparacións entre países pola diferente forma de contabilizar que ten cada un ou por desfasamentos temporais na trasmisión de datos.

A OMS tamén anunciou este xoves que agora mesmo hai seis vacinas para facerlle fronte á enfermidade que están en fase moi avanzada, polo que "hai esperanzas", din literalmente, de que non se tarde moito en poder inmunizar a poboación.

 

Noticias web

06/08/2020