CRTVG

Buscar

A OMS di que 55.000 anciáns morreron en residencias en Europa

Publicado o 23/04/2020 21:02
A OMS di que 55.000 anciáns morreron en residencias en Europa

A Organización Mundial da Saúde cifra en 55.000 os falecidos en residencias de anciáns en Europa. Suporían case a metade das vítimas mortais pola crise do coronavirus no continente. A OMS cualifica a situación de tráxica e advirte que pode volver suceder se non se adoptan as medidas necesarias. Considera urxente incrementar as probas diagnósticas entre os maiores e o persoal que os atende nestes centros. E habilitar lugares específicos para evitar que os doentes de COVID-19 contaxien outros anciáns. Tamén reclama destinar maior investimento para mellorar os servizos que se lles presta aos maiores.


 

Noticias web

23/04/2020