CRTVG

Buscar

A OMS deféndese das críticas, lamenta a retirada de fondos e pide unidade contra o coronavirus

Publicado o 15/04/2020 21:16

Donald Trump acusa a OMS de encubrir a propagación do coronavirus actuando ao servizo dos intereses da China. Di que debe render contas polo súa xestión da crise e retíralle os fondos estadounidenses. É o principal contribuínte da OMS e pon en perigo a coordinación para conter a pandemia nos países sen recursos económicos e sanitarios propios.

A decisión de Trump xerou unha vaga de críticas da comunidade internacional. A Unión Europea considéraa inxustificada. Para a Unión Africana é profundamente desafortunada. A China mostrou o seu apoio á OMS ante as críticas do mandatario estadounidense. Rusia di que Trump actúa de xeito egoísta culpando a outros dos problemas do sistema sanitario estadounidense.

O director xeral da OMS lamenta a decisión, saca peito na xestión da crise do coronavirus e pide unidade para conter a pandemia. Tedros Adhanom di que a axencia da ONU segue traballando co mesmo credo co que foi fundada: defender o dereito á saude sen distinguir entre países ricos e pobres ou grandes e pequenos.

 

Noticias web

15/04/2020