CRTVG

Buscar

A OMS considera improbable que algún país acade axiña a inmunidade colectiva

Publicado o 25/05/2021 11:30
A OMS considera improbable que algún país acade axiña a inmunidade colectiva

A Organización Mundial da Saúde considera que é moi improbable que algún país acade axiña o alto nivel de inmunidade colectiva requerida para dar por controlada a pandemia.

"Os estudos indican que se necesita que máis do 80 % dunha comunidade estea inmunizada para interromper a transmisión, pero os datos serolóxicos en todo o mundo amosan que ningún país chegou a ese nivel de inmunidade natural", dixo o director de emerxencias sanitarias da OMS, Mike Ryan, tras informar sobre a evolución da pandemia nunha asemblea anual da Organización.

Noticias web

25/05/2021