CRTVG

Buscar

A OMS aproba o uso de emerxencia da vacina de Pfizer

Publicado o 01/01/2021 16:42
A OMS aproba o uso de emerxencia da vacina de Pfizer

A Organización Mundial de Saúde anunciou nas últimas horas a súa primeira autorización para o uso de emerxencia dunha vacina contra a covid, en concreto a das farmacéuticas Pfizer e BioNTech. A luz verde á vacina, que xa obtivera este tipo de validación en mercados coma Estados Unidos, Reino Unido ou a Unión Europea, serve para países que non teñen entidades de homologación deste tipo de produtos. Así que a autorización da OMS abre a porta ao uso da vacina especialmente en países en desenvolvemento.


 

Noticias web

01/01/2021