CRTVG

Buscar

A OMS alerta da expansión do virus: nas últimas semanas duplicáronse os contaxios no mundo

Publicado o 27/07/2020 21:35
A OMS alerta da expansión do virus: nas últimas semanas duplicáronse os contaxios no mundo

A Organización Mundial da Saúde insiste en que os contaxios da COVID-19 comezan a acelerarse de xeito perigoso.

Nas últimas seis semanas o número de contaxios duplicouse en todo o mundo. Por iso desde a OMS piden un maior liderado político para concienciar a poboación e para tomar as medidas necesarias que poidan frear a expansión.

O organismo salientou a rápida detección dos brotes en España e o control dos mesmos. Desde que comezou a pandemia xa se notificaron 16 millóns de casos en todo o mundo, que deixan máis de 640.000 falecidos.

Noticias web

27/07/2020