CRTVG

Buscar

A ocupación hoteleira roza o 80% en setembro

Publicado o 05/09/2019 15:56

O comezo dun setembro solleiro en Galicia coincidiu cunha nova chegada de turistas. Veñen atraídos polo tempo, pero tamén buscan fuxir das aglomeracións, prezos máis baixos ou gozar das festividades que aínda se dan cita na comunidade.

En zonas coma esta tradicionalmente turísticas, a boa ocupación está garantida, polo menos, ata a Festa do Marisco en outubro.

Os esforzos do sector encamíñanse agora a intentar que se reduza a estacionalidade, porque atractivos en Galicia, chova ou vaia sol.

Noticias web

05/09/2019