CRTVG

Buscar

A ocupación para os festivos nos hoteis de Ourense roza de media o 70 %

Publicado o 30/03/2021 13:55

Se atendemos aos aloxamentos de toda a provincia de Ourense a ocupación é moi desigual, pero hai establecementos, como os hoteis da cidade, que manexan moi boas previsións para os festivos e a fin de semana, cun 70 % de media das súas prazas xa reservadas e aínda seguen recibindo chamadas, porque a xente este ano agarda á última hora para reservar por mor das restricións e do tempo.

A presenza de turistas xa se notaba hoxe á hora do almorzo nos hoteis de Ourense. A maior afluencia de turismo agárdase para o Xoves e Venres Santo e para a fin de semana.

Un ano normal en febreiro xa estarían todas reservas feitas, co coronavirus a xente agarda á última hora. Turistas só do país, polas restricións, que veñen desfrutar de Ourense.

Unha oportunidade para descubrir o que temos máis preto ou para mirar con outros ollos os atractivos do país que xa coñeciamos.

 

Noticias web

30/03/2021