CRTVG

Buscar

A ocupación hoteleira rolda o 90 % no conxunto de Galicia pola ponte festiva

Publicado o 11/10/2021 21:32

A suma do tempo anticiclónico coa ponte festiva está a deixar rexistros de ocupación hoteleira que roldan o 90% no conxunto de Galicia. E nas Rías Baixas a cifra chega ao 100%.

Os establecementos hoteleiros de localidades como Sanxenxo, Baiona, O Grove, Vigo e Pontevedra están completos nesta ponte festiva de outono con sabor a verán, cun tempo que mesmo convida a gozar das praias e a estas horas das terrazas. O bo tempo deulles un pulo ás reservas nas xornadas previas á fin de semana, ata recuperar e mesmo superar nalgúns casos as cifras previas á pandemia. 

A pesar de que as previsións situaban os rexistros en torno ao 60 %, a primeira ponte festiva despois do verán eleva a ocupación hoteleira ao 90 % de media e ao 100 % en enclaves como as Rías Baixas. 

A procedencia da maioría dos visitantes é peninsular e xa hai reservas pechadas para as vindeiras pontes de Todos os Santos e de decembro. 

Noticias web

11/10/2021