Galicia rexistra 75 contaxios por covid-19, a cantidade máis baixa en tres meses
• A ocupación hospitalaria baixa das 150 persoas ingresadas
• Baixan os novos casos detectados por PCR (-15)

Os casos activos seguen descendendo (-217) con respecto ao día anterior. En total, hai 3.249 persoas con coronavirus en Galicia.
En canto ás PCR, estas tamén diminúen (-15) nas distintas áreas sanitarias. Detectáronse 74 probas positivas.
Con respecto aos casos novos por PDIA, rexistráronse 33.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 480 (-29)
A Coruña: 879 (-60)
Pontevedra: 214 (-10)
Santiago: 560 (-40)
Ourense: 351 (-16)
Lugo: 629 (-38)
Ferrol: 136 (-24)
A ocupación hospitalaria tamén experimenta unha baixada (-9). A cantidade de persoas hospitalizadas baixa das 150 en Galicia, cun total de 37 na UCI e 112 en planta. Por outra parte, o Sergas notificou o falecementos de catro homes por mor da covid, elevando a cifra aos 2.608 decesos desde o inicio da pandemia.