CRTVG

Buscar

A ocupación das UCI en Portugal, a máis alta en tres meses

Publicado o 05/07/2021 16:08
A ocupación das UCI en Portugal, a máis alta en tres meses

A variante india está detrás do aumento das hospitalizacións e ingresos nas UCI de Portugal. O Goberno portugués informou de que onte había 128 persoas ingresadas nas unidades de coidados intensivos, a cifra máis alta desde hai case tres meses.

A incidencia sitúase en case 190 casos por 100.000 habitantes. As rexións máis afectadas son Lisboa e o Val do Texo, que suman case a 50% dos contaxios de todo o país.

 

Noticias web

05/07/2021