CRTVG

Buscar

A ocupación das UCI en España baixa do 20 % por primeira vez desde abril

Publicado o 13/05/2021 18:43
A ocupación das UCI en España baixa do 20 % por primeira vez desde abril
EFE

A incidencia a catorce días continúa baixando; faino en 7,38 puntos, ata os 166,32 casos, segundo o Ministerio de Sanidade, que notificou tamén un lixeiro descenso da ocupación das UCI para situalas xa por baixo dun 20 % (19,5 %), 59 décimas menos que onte. A presión das UCI non se situaba por baixo do 20 % desde principios de abril (o 30 de marzo xa estaba ao 18,5 %).

Segundo Sanidade, nas últimas 24 horas houbo 5.701 novos contaxios; con estes, a cifra total de infeccións desde o inicio da pandemia elévase a 3.598.452, e hai 73 mortes máis, ata un total de 79.281, das cales 256 foron rexistradas nos últimos sete días.