CRTVG

Buscar

A OCDE sinala España como o país coa maior taxa de repetidores en secundaria

Publicado o 17/09/2021 15:02
A OCDE sinala España como o país coa maior taxa de repetidores en secundaria

España é o país desenvolvido coa maior taxa de repetidores no ensino secundario. Segundo datos da OCDE, o 8,7 por cento dos mozos españois repite curso, fronte ao 1,9 de media no resto dos países. En bacharelato, a taxa de estudantes que repiten é do 7,9 por cento, só superada pola República Checa, fronte ao 2,9 da media.

O informe tamén constata que a pandemia incrementou a porcentaxe de mozos que non estudan nin traballan, os chamados 'ninis'. En España son un 22 por cento, seis puntos máis ca a media da OCDE.

Noticias web

17/09/2021