CRTVG

Buscar

A OCDE cre que as axudas por mor da pandemia poñen en risco as pensións

Publicado o 07/12/2020 15:39
A OCDE cre que as axudas por mor da pandemia poñen en risco as pensións

A OCDE alerta do impacto da pandemia nas pensións. A organización cre que o seu financiamento está en perigo.

A crise económica que provocou o coronavirus reduciu as cotizacións á Seguridade Social. Ao mesmo tempo, o Estado aumentou a súa débeda pública para financiar axudas e ERTE.

Nun informe publicado hoxe, a OCDE recoméndalles aos estados que fomenten o aforro individual.

Noticias web

07/12/2020