CRTVG

Buscar

A Ocaband actúa en Sanxenxo perante 500 persoas que asisten ao espectáculo sentadas

Publicado o 12/06/2021 21:24

Sanxenxo está a celebrar arestora, e ata a unha da madrugada, unha festa coa que se conmemoran os cen anos da verbena galega. Na verbena está a orquestra A Ocaband que vai actuar canda outros doce músicos galegos perante as 500 persoas que asisten ao espectáculo sentadas en cadeiras na Praza do Mar.

Esta verbena serve como ensaio das seis verbenas piloto que se van celebrar o vindeiro sábado 19 noutros tantos concellos galegos, logo de máis dun ano paradas por mor da pandemia.

 

Noticias web

12/06/2021