A obriga do certificado covid esténdese pola Unión Europea
Varios países da Unión Europea comezan a impor os certificados Covid en moitas actividades diarias. O máis duro por agora é Italia. Alí, a partir de outubro o documento será obrigatorio para traballar ata no sector privado. En toda a rexión de Bruxelas, teremos que amosalo para desfrutar do lecer en grandes salas, dende concertos, discotecas ou mesmo para ir ao ximnasio.
A imposición do certificado durará tres meses dende outubro. Os negocios que non o esixan arriscan fortes multas e mesmo o peche. As autoridades belgas estudan se obrigar á vacinación de todos os adultos porque en Bruxelas a taxa de cobertura está 20 puntos por debaixo da media belga.
Italia tamén o pedirá dende outubro a todos os traballadores. Tanto o empresario como o traballador serán multados no caso contrario. E en Francia é obrigatorio para o persoal sanitario. 3.000 traballadores da saúde xa están advertidos de suspensión se non se vacinan.