CRTVG

Buscar

A obra do ascensor dos Castros, na Coruña, divide os veciños

Publicado o 07/09/2021 14:48

Esta mañá os operarios continuaban traballando na obra do ascensor dos Castros, que comezou hai medio ano. E desde aquela son moitos os veciños que a critican.

Porén, maila que son os menos, hai quen si aplaude a instalación deste elevador, que ten como obxectivo salvar o desnivel máis empinado e facilitar o acceso á parada do autobús ás persoas con diversidade funcional.

Moitos consideran que este motivo non é dabondo para facer un investimento de 402.000 euros e eliminar unha morea de prazas de aparcadoiro. Son moitos tamén os que cren que hai outras melloras máis necesarias.

Desde o Concello explican que esa obra sería imposible por mor do case medio quilómetro que ten a avenida da Concordia, polo mal tempo xa que se estragaría con frecuencia e porque se consideraría como un atentado urbanístico.

Noticias web

07/09/2021