CRTVG

Buscar

A obra do arquitecto Antonio Palacios volve presidir a entrada da estación de Metro Gran Vía de Madrid

Publicado o 15/07/2021 20:58
A obra do arquitecto Antonio Palacios volve presidir a entrada da estación de Metro Gran Vía de Madrid

A obra do arquitecto Antonio Palacios volve presidir a entrada da estación de Metro Gran Vía de Madrid. O templete polo que se accede á estación non é o orixinal, pero é unha réplica exacta. O orixinal fíxose en 1920 e 50 anos despois trasladouse a un parque do Porriño. Unha empresa da vila foi a encargada de construír esta copia con materiais da zona. Esta réplica compartirá espazo cos restos dun antigo convento atopado na estación Tirso de Molina.

Noticias web

15/07/2021