CRTVG

Buscar

A nova presidenta da Comunidade de Madrid promete que Madrid seguirá sendo o motor económico de España

Publicado o 19/08/2019 13:21

Isabel Díaz Ayuso tomou posesión este mediodía do seu cargo como presidenta da Comunidade de Madrid.

Estivo arroupada pola cúpula do Partido Popular, entre eles por Pablo Casado. Será un Executivo de coalición con Ciudadanos do que se espera que se revelen hoxe o resto de nomes das consellerías do Partido Popular dentro deste Goberno. Polo momento sábese que o líder de Ciudadanos na comunidade, Ignacio Aguado, será o seu vicepresidente. A investidura prodúcese despois de dous meses de negociacións entre os partidos do centrodereita.

Noticias web

19/08/2019