CRTVG

Buscar

A nova linguaxe que nos deixa a pandemia

Publicado o 04/11/2020 20:37

Confinamento ou corentena son dúas das palabras que máis escoitamos nos últimos meses. Palabras normativas e máis ou menos coñecidas, pero moi pouco presentes na nosa vida antes da chegada do coronavirus. A pandemia tróuxonos por sorpresa unha nova linguaxe.

Malia todo, algúns cren que non por moito repetilas temos claro o que significan esas novas palabras.

Xa sabemos tamén que os EPI son equipamentos de protección individual  ou os ERTE os expedientes de regulación temporal de emprego. Algunhas das palabras novas terán o seu oco e as xa existentes verán ampliados os seus significados cando se actualice o Dicionario da Real Academia da Lingua.

Noticias web

04/11/2020