CRTVG

Buscar

A nova lei de pesca continental permitirá aos menores pescar sen licenza

Publicado o 02/05/2019 15:55

Para fomentar a remuda xeracional crearanse escolas de río para os máis pequenos. Ademais, os menores de 14 anos poderán practicar a pesca deportiva e recreativa sen licenza e tanto estes como os maiores de 65 anos quedarán exentos do pagamento de taxas.

A nova lei impulsará tamén a pesca sen morte, pouco estendida no noso país, e tratará de facer da pesca un instrumento de desenvolvemento turístico do medio rural.

Unha vez aprobada a lei a Xunta prevé consensuar co sector un plan de ordenación da pesca continental que garanta que a actividade sexa sustentable e que prevé, entre outras medidas, repoboacións e soltas só con especies autóctonas.

Noticias web

02/05/2019