CRTVG

Buscar

A nova lei de calidade alimentaria quere facer máis competitiva a produción do país

Publicado o 07/05/2021 17:01

A Xunta prepara unha lei de calidade alimentaria para mellorar o control da produción e comercialización do que comemos. Prevén que entre en vigor o ano que vén.

Nos últimos 15 anos, de cando é a lei actual de calidade alimentaria, mudaron a forma de producir e vender, aumentaron os intercambios comerciais entre estados e cambiou a lexislación europea sobre o que comemos. A Xunta quere actualizar a nosa norma para reforzar os selos de calidade galegos e facer os nosos produtos máis competitivos.

Unha das novidades da lei é impulsar a compra pública de produtos frescos e de proximidade. Segundo indicou Núñez Feijóo, este novo texto legal aposta pola competitividade dos produtos galegos que impulsará ass denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas.